Foliada das olas

Fuxan Os Ventos

Dame o que che pido, nena,
que non che pido diñeiro.
dame a túa ovella negra,
prá xuntare ó meu carneiro
ai la le lo, ai la la la

E ti telo telo
non no queres dar
e dispois de vella
podelo salar.

Fuxe de ahí sapo concho
mañá teño que cocere,
se non teño barredoiro
contigo hei de barrere.

E chiscao por diante
e chiscao por tras
e tocalle a conchas
churrascarraschas

Dame o que che pido, nena
dame que non e pecado
unha muxica de lume
pra prende-lo meu cigarro
Pensas porque és herdeiro
que te hei traguer pola mau
moitas serdas tén o porco
e non sale de marrau
Por esta carballeiriña
moito me gusta cantare
anque non teña-la gracia
ela háche de resoare

Ehi veñen,ehi veñen,
ehi veñen, ehi van
sardiñas frasquiñas
de pola mañán.

Tracker

All lyrics are property and copyright of their owners. All lyrics provided for educational purposes only.