Paxariños de Galicia

Anxo Vigo

Paxariños de galicia, que lembranza me traedes
Desta terra que amo tanto, e que vos, tamén queredes
Paxariños que voades, na vosa liberdade
Que cantades nas silveiras, nos ríos e nas lameiras

Eu quixera ser un ave, coa súa liberdade
Pra voar sobre galicia, vela súa inmensidade
E cantarlle a súa xente, que traballa nos seus lares
Cantarlle á miña terriña, e voar sobre os seus mares

Paxariños que durmides, polas noites nas pallares
Cando tedes lúa chea, non parades de piare

Eu tamén quero piare, e durmir polas pallares
E que me desperte o galo, pola mañán cando sae
Quixera ser unha ave, e voar e voare
Ó mais lonxe da terriña, onde puidera eu chegare

Paxariños de galicia, tamén vos tedes morriña
Cando ides a outros lares, eu sei que tamén chorades

Pois vos faltan as silveiras, os toxiños e as xesteiras
As rosiñas dos rosaes, onde vos tamén piades
Paxariños, paxariños, que cantades liberdade
Tamen formades galicia, co seu verdor e o seu mar

Que ledicia paxariños, podervos escoitar
Pola mañán cediño, cando o día empeza a andar

Paxariños, paxariños de galicia
Paxariños, paxariños de galicia

Tracker

All lyrics are property and copyright of their owners. All lyrics provided for educational purposes only.